Os afeccionados a os xogos de acción en primeira persoa (FPS) que permitan partidas en rede estarán contentos de saber que teñen unha nova opción para o seu tempo de lecer, o xogo Combat Arms, que vén a ser un título semellante ao Counter Strike pero de balde, destacando polo feito de dotar de rangos aos xogadores (o que permite acceder a mellores armas). O armamento pódese adquirir cos cartos virtuais do xogo (que se acadan ao completar misións) pero estes obxectos teñen data de expiración, polo que é preciso xogar con certa frecuencia para acadar un nivel axeitado, aínda que parece que no futuro esta prestación podería ser aproveitada polos creadores do xogo para introducir micropagos por unha compra de armamento a longo prazo.

Combat Arms admite a un máximo de 16 xogadores por partida e precisa para funcionar un equipo que coma mínimo teña o sistema operativo Windows 2000 (recomendándose XP ou superior), cun procesador a máis de 1 GHz, un mínimo de 256 Mb de RAM, 2 Gb de espazo de disco libre e unha tarxeta de vídeo que soporte DirectX 9.0c (poñéndose como referencia básica a nVIDIA GeForce 2 MX, e recomendando unha GeForce FX 5600 ou superior; ou sexa, que funciona na meirande parte do parque de ordenadores actual (no precisando dun equipo de última xeración para funcionar de xeito óptimo).
Demostración do funcionamento do xogo
Novo FPS multixogador de balde
Compartir Este Artigo

