
Estes datos indicarían que as liñas de banda larga en España van mellorando, o que se nota especialmente nas conexións de máis velocidade (nas que unha pequena mellora de eficiencia incrementa notablemente a velocidade global acadada).
Cómpre destacar que finalmente o paso de 1 Mbps a 3 Mbps nas conexións ADSL está completado, pois as liñas de 1 Mbps xa son moi pouco significativas, e en breve volveremos a gozar doutra duplicación de velocidade, de xeito que para o ano que vén deberiamos estar a falar de velocidades medias duns 6 Mbps (comezando o proceso de aumento de velocidade no mes de setembro).
A velocidade media de acceso á Rede por banda larga en España é de 3,59 Mbps
Compartir Este Artigo
