
Ata o momento estaba confirmada a presenza dos personaxes de DC Batman, Superman, Flash e Catwoman (xa presentes nos vídeos de demostración) aos que se engaden o Capitán Marvel (Shazam), o malvado Joker e o lanterna verde Hal Jordan, mentres que dos personaxes de Mortal Kombat non faltarán clásicos coma Scorpion, Sub-Zero, Sonya Blade ou Liu Kang, aos que se sumarán Shang Tsung, Kitana e Jax. Na web oficial do xogo pódense ver os gráficos en alta resolución dos distintos loitadores, aínda que polo momento faltan Jax e Green Lantern, así como tamén quedaría por desvelar a identidade de 2 loitadores (1 de DC e outro de Mortal Kombat).
O novo título presenta uns gráficos moi detallados, e unhas técnicas de ataque realmente espectaculares e aínda que os enfrontamentos resultarán moi pouco realistas (a forza e os poderes dos distintos personaxes son moi desiguais) garantirán moita diversión para os seguidores de calquera das dúas franquicias que colisionan no xogo.
Demostración do xogo en acción presentada durante a pasada edición do E3
Danse a coñecer máis personaxes de Mortal Kombat vs DC Universe
Compartir Este Artigo

