
O lanzamento do xogo terá lugar en outubro, e para promocionalo contan con nada menos que coa cantante Natasha Bedingfield (popular polo seu tema Unwritten) coma voceira oficial. O xogo incluirá máis de 40 cancións de intérpretes coma Rihanna, Fergie, Avril Lavigne,Leona Lewis ou Britney Spears, pero para non orientarse só ao público norteamericano engadirán temas populares en España, Italia, Francia, Alemaña e Países Baixos, o que mellorará o atractivo do título.
As cancións españolas que incorporará o Boogie SuperStar serán Adiós (Angry), Tu peor error (La 5ª Estación), Eres tonto (El Canto del Loco), Viene y va (Fito & Fitipaldis), Para toda la vida (El Sueño de Morfeo) e Estrella polar (Pereza).
Boogie SuperStar funcionará cun micrófono, pero tamén tirará proveito do mando da Wii para facer movementos de baile. Contará con distintos modos de xogo (dando especial relevancia ao seu uso cos amigos) e ofrecerá moitas posibilidades na personalización dos avatares que manexemos durante as partidas nas que evolucionarán ata converterse en estreas da música.
Natasha Bedingfield promocionará o xogo Boogie SuperStar
Compartir Este Artigo

