Microsoft anunciou no E3 que vai actualizar o Dashboard da Xbox 360 para incorporar o aluguer de películas e avatares (seguindo os pasos dos Mii da Wii), e para ir abrindo boca o director de programación de Xbox LIVE, Larry Hryb (máis coñecido coma Major Nelson) publicou no seu blog un vídeo no que nos amosa cómo serán os novos avatares e o nivel de personalización que van ter.
Os personaxes que representarán aos xogadores son moi adaptables, podendo elixirse a súa altura, complexión, forma e cor de pelo, ollos, roupa… toda unha serie de detalles que permitirá a diversidade nos servizos que se desenvolverán ao redor destes avatares tridimensionais dos que aínda non se coñece todo o seu potencial.
O acabado gráfico dos avatares da Xbox 360, consola que vén de rebaixar o seu prezo en España hoxe mesmo, estaría nun nivel intermedio entre os personaxes da Wii e os do futuro Home de PS3, de xeito que combinan o mellor de ambos mundos: movementos realistas e aparencia agradable para o público ocasional.
Os avatares cambiarán a experiencia de uso da Xbox 360
Major Nelson amosa os futuros avatares de Xbox 360
Compartir Este Artigo

