
Esta oferta inclúe de balde (cun compromiso de permanencia de 18 meses) un módem USB Huawei E172 que permite o acceso á Internet mediante conectividade móbil HSDPA, que serviría para acceder á Rede mentres a liña ADSL non estea operativo, e que posteriormente se poderá empregar para acceder á Rede dende case calquera lugar (a un prezo de 2,9 euros/día).
O paquete básico será o Vodafone ADSL UNO, que custará 29,90 euros na súa modalidade de 6 Mbps/300 Kbps ou 34,90 euros por 12 Mbps/500 Kbps, custando as chamadas a fixos 1 céntimo/minuto, mentres que o paquete Vodafone ADSL inclúe chamadas de balde a fixos e custa 34,90 euros pola conexión de 6 Mbps e 39,90 euros por 12 Mbps.
Con esta nova oferta o usuario pode librarse de pagar a cota mensual de Telefónica porque se emprega a rede propia de Tele2/Vodafone e as tarifas de voz se aplicarán tamén a unha liña móbil asociada que non terá que pagar o consumo mínimo de 9 euros habitual.
Vodafone entra no mercado do ADSL
Compartir Este Artigo
