Os xogos masivos en liña para PC normalmente se limitan a repartir estopa entre monstros e inimigos, pero unha compañía que levar a experiencia ás competicións deportivos e lanza Empire of Sports coma un mundo virtual no que os usuarios poden participar en multitude de deportes coma fútbol, baloncesto, atletismo, esquí, bobsleigh, tenis e mesmo baile, ao que habería que sumar a posibilidade de adestrar nun ximnasio ou mercar roupa deportiva para personalizar o noso avatar.

Esta combinación entre xogo en rede e mundo virtual (no que tamén se pode facer amigos) podería ser toda unha revolución, e polo momento xa anuncian que están a introducir un modo de xogo de fútbol no que cada usuario emprega a un xogador no campo (coma no FIFA 09) de xeito que buscan unha experiencia de xogo o máis interactiva posible, sen apostar por intelixencias artificiais que se fagan pasar por xogadores en liña.
Esta creación do F4 Group promete achegar un tipo de diversión inédito ata o momento, aínda que haberá que agardar a que sexa un produto definitivo para poder ponderalo.



