
O xogo, que xa se pode ver na súa versión para máquinas recreativas, será moi espectacular, conservando a mecánica de xogo 2D pero cuns gráficos renderizados en 3D, dando unha aparencia impresionante a personaxes clásicos coma Ryu, Ken, Chun-Li, Zangief, Blanka ou Guile, aos que se xuntarán novos personaxes coma Crimson Viper, El Fuerte e Rufus, presentándose hoxe mesmo imaxes de Akuma e Sakura en movemento, polo que Street Fighter IV está cada vez máis preto de ser real.
A nova entrega parece recuperar a dureza e violencia do xogo orixinal e virá acompañado por escenas cinemáticas con aparencia de serie de animación xaponesa (non esquezamos que o xogo xa deu lugar a películas e series de animación na súa longa vida). Parece que teremos un forte regreso desta saga que podería ter un longo percorrido nas consolas de nova xeración.
O espectacular novo trailer presentado no Tokyo Game Show
Presentan novas imaxes do Street Fighter IV no Tokyo Game Show
Compartir Este Artigo

