Aínda que non se trataba de ningún segredo, finalmente se confirma o lanzamento do xogo musical Guitar Hero: Metallica, que será o segundo xogo da saga de Activision dedicado a un grupo musical en concreto (tralo éxito de Guitar Hero: Aerosmith) o que tamén imitou Rock Band cunha edición do xogo con temas de AC/DC.
A confirmación do xogo se limita a un vídeo promocional de pouco duración na que se pode ver o logotipo do futuro título do que polo momento se sabe que chegará en 2009, quedando por concretar se incluirá exclusivamente temas de Metallica ou os combinará con cancións doutros grupos coma fixo Aerosmith.
É de agardar que este xogo se baseará no motor de Guitar Hero World Tour, de xeito que permitiría tomar o control da guitarra, a batería e o micrófono, permitindo ao usuario interpretar temas da banda que máis cancións en descarga vendeu para Guitar Hero (plataforma para a que tamén estreou o seu último disco, curiosamente con máis calidade sonora que no CD orixinal).
Teaser do Guitar Hero: Metallica
Confírmase o xogo Guitar Hero: Metallica
Compartir Este Artigo

