Sony anunciou o repertorio musical co que contará o futuro xogo SingStar Vol. 3 para PS3, que na súa versión internacional conta con grandes temas coma o Copacabana de Barry Manilow, o Cryin’ de Aerosmith, o All Night Long (All Night) de Lionel Ritchie, o Ebony and Ivory de Paul McCartney e Stevie Wonder, o Say What You Want de Texas, o Never Can Say Goodbye dos Communards ou o Baby I Don’t Care de Transvision Vamp que incomprensiblemente non estarán presentes na edición española, que deixa coma único tema estranxeiro a canción Billie Jean de Michael Jackson, de xeito que os clásicos que aparecen na versión inglesa se ven substituídos por temas relativamente actuais de grupos e solistas españois coma Amaral, Chenoa, Conchita, El Canto del Loco, La Oreja de Van Gogh, Malú, Melendi ou Pereza.
O xogo chegará ás tendas españolas o 20 de novembro a 39,99 euros e coma nas súas entregas anteriores permite ampliar a relación de cancións dispoñibles a través dunha tenda en liña. A listaxe de temas que se incluirán de serie no xogo quedaría coma segue: 

Xa se coñece a listaxe de cancións do SingStar Vol. 3
Compartir Este Artigo

