
O incentivo estaba fixado nun 3% dos marxes operativos xerados polo xogo Rock Band, pero Kelly McAndrew, voceira de Viacom, recoñeceu que non anticiparan que a cantidade a pagar fose tan elevada, engadindo que «se fan máis cartos para nós e temos que dar un pouco a cambio, está ben».
Lembremos que o xogo desenvolvido por Harmonix se vende por entre 39,95 e 69,95 euros (segundo a plataforma) , o paquete completo de instrumentos (guitarra, batería e micrófono) chega aos 139,95 euros e as cancións como descarga a prezos de entre 0,96 e 2,88 euros o tema (cun prezo medio de 1,92 euros), polo que está claro que este tipo de xogos son unha máquina de facer cartos.
A España chegará este mes Rock Band 2 (xogo que xa ocupa o 5º posto de vendas para Xbox 360 nos EE.UU.) en tamén se agarda o lanzamento dunha edición do xogo con temas de AC/DC, aínda que polo momento a súa comercialización non chegou a Europa.
Os bos resultados de Rock Band válelle aos seus creadores uns ingresos adicionais de 300 millóns de dólares
Compartir Este Artigo

