Esta semana chega ás tendas os xogo Mirror’s Edge para Xbox 360 e PS3, demorándose a versión para PC para o mes de xaneiro, pero os usuarios de ordenadores poderán gozar mentres dun xogo en Flash inspirado no título de EA pero desenvolvido por Borne Games, que en vez de presentar o xogo nunha perspectiva tridimensional en primeira persoa nos entrega un divertidísimo xogo de plataformas en 2D feito en Flash que polo momento está en versión de proba (rematarase o seu desenvolvemento en 2 ou 3 semanas).
O uso do xogo é sinxelo, empregando os cursores esquerdo e dereito para correr, o cursor de abaixo para encollerse, o cursor superior para trepar e a tecla S para saltar. Presenta unha animación moi lograda e supomos que a intención deste minixogo é a promoción do seu irmán maior.
Lanzan unha versión Flash 2D de Mirror’s Edge
Compartir Este Artigo

