Os xogos en Flash se caracterizan principalmente por ser sinxelos e aditivos, pero a potencia dos equipos informáticos actuais permite que se poida empregar esta plataforma multimedia interactiva para achegar experiencias de xogo máis completas, e como grande exemplo temos que xa está dispoñible na web unha versión do popular xogo de acción en primeira persoa Doom.
Para portar este clásico xogo de tiros se empregou Alchemy, solución que permite compilar código en C e C++ para o seu uso dende Flash, aínda que hai que contar cun equipo bastante potente para que o xogo vaia a unha boa velocidade (así como coa versión 10 do reprodutor de Flash).
A versión en Flash do Doom se pode controlar cos cursores do teclado, empregando a barra espaciadora para disparar, a tecla de maiúsculas para correr, o R para abrir portas e activar dispositivos e o teclado numérico para cambiar de arma, polo que os afeccionados ao título orixinal tardarán pouco en facerse co sistema de control (que será personalizable en próximas versións). Toda unha interesante achega para os nostálxicos.
Estrean unha versión en Flash do clásico Doom
Compartir Este Artigo

