
Os seguintes títulos son máis curiosos, pois sitúan ao xogo descargable a través do Bazar de Xbox LIVE Braid por diante do LittleBigPlanet de PlayStation 3 (que é a grande esperanza de Sony para revitalizar a súa consola de alta definición), estando seguidos por un par de secuelas que eran un auténtico éxito seguro: Rock Band 2 e Gears of War 2.
No sexto posto se colou unha das sorpresas do ano, Dead Space, seguindo por El Poder de la Fuerza, o xogo en Flash Hunted Forever, o xogo para o iPhone Fieldrunners e o xogo para PC Spore.
Si, parece que a listaxe está elaborada precisamente para meter ruído, pois colar un pouco coñecido xogo para o iPhone e un xogo en Flash dentro dunha chea de supervendas non parece moi atinado, así como tamén se podería discutir a presenza de Spore na listaxe, pois moitos xa o consideran como a decepción do ano (aínda que sexa o título máis pirateado este ano para PC).
Curiosamente, noutra das listaxes de Time, a correspondente aos 10 trebellos electrónicos máis importantes do ano, parece querer provocar coa incorporación no 10º posto a plataforma PlayStation Home que se podería estrear a vindeira semana e que se trata de software, polo que non encaixaría nin en categoría nin en ano (é un futuro lanzamento, pois aínda está nunha fase de probas pechada).
A revista Time cualifica ao GTA IV coma o xogo do ano
Compartir Este Artigo

