Os usuarios da Internet que gocen dos xogos en Flash poden achegarse a un novo e orixinal título chamado Straw Hat Samurai (Samurai do Sombreiro de Palla) que sorprende polo seu sistema de control, de xeito que empregamos o teclado para desprazármonos lateralmente nos distintos escenarios á vez que co rato debuxamos as liñas que seguiremos coa nosa katana para cortar aos rivais (que en niveis avanzados inclúe tamén o tiro con arco ou un mini-xogo de estratexia).
A mecánica do xogo parece moi sinxela, pero ten unha dificultade que garante uns bos momentos de lecer fronte a pantalla do ordenador.
Xogo en Flash cun samurai derrotando aos seus inimigos a golpe de rato
Compartir Este Artigo

