Pese a ser unha das grandes decepcións do ano, Spore, continúa a dar que falar, non polas polémicas polo seu uso de protección DRM nin por ser o xogo para PC máis pirateado do ano, senón porque vai seguir os pasos de Rock Band, e vai permitir que as criaturas que deseñemos no xogo as poidamos imprimir en tres dimensións.
Dende Spore Sculptor podemos coller os personaxes creados durante o xogo e tras o pago de 49 dólares, podemos encargar unha réplica física, unha figura de pequeno tamaño creada con tecnoloxía de ZPrints, que nun principio se pensara para a creación de prototipos industriais, pero que atopou neste tipo de usos lúdicos unha saída comercial moi interesante, que cada vez parece máis ligada ao mundo dos videoxogos.
As criaturas de Spore convértense en figuras reais
Compartir Este Artigo

