Aos afeccionados a xogos coma o Guitar Hero ou o Rock Band queremos recomendarlles botar unha partida a un xogo en Flash, totalmente de balde, no que podemos interpretar co teclado do noso ordenador versións roqueiras de distintas panxoliñas (un total de 8) podendo elixir distintos niveis de dificultade e modos de xogo, polo que satisfará a un amplo abano de público. Falamos de Santa Rockstar: Metal Christmas, título que graficamente tamén resulta moi axeitado para estas datas, xa que o noso guitarrista non é outro que Santa Claus.
O xogo funciona coas teclas do 1 ao 5 (que fan de cordas da guitarra), a barra espaciadora (para activar o modo febre) e o enter (traste) aínda que os controis son totalmente personalizables, polo que non deberían supor ningún problema.
Un xogo en Flash achéganos a un Santa metaleiro
Compartir Este Artigo

