IO Interactive, o estudo que desenvolveu xogos coma Hitman, Freedom Fighters ou Kane & Lynch: Dead Men sorprende cun novo título moi afastado da súa liña habitual, Mini Ninjas, que sairá para PX, PS3, Xbox 360, Wii e Nintendo DS e chegará ás tendas da man de Eidos no outono.
O protagonista do xogo é Hiro, un pequeno ninja «na súa meirande aventura, que embarca nunha épica e electrizante misión para restaurar a harmonía nun mundo ao borde do caos», para o que aproveita o seu adestramento no ninjitsu e maxia Kuji para derrotar a un exército máxico de malvados samurais que se presentan cunha estética que semella atractiva para todo tipo de público por ter un estilo de debuxo animado para nenos.
Polo momento só puidemos ver unhas poucas imaxes do xogo, así coma un divertido trailer:
IO Interactive prepara para o outono o xogo Mini Ninjas
Compartir Este Artigo

