Pese a que a última película de Indiana Jones non contou con adaptación ao videoxogo (por fortuna) diversas fontes apuntaban a que se estaba a preparar un grande xogo de Indy para as consolas de nova xeración, pero que podería ter diversas dificultades para o equipo interno de Lucas Arts que levaría á súa cancelación parcial, de xeito que aínda que non chegue para PS3 e Xbox 360 si haberá versións para Wii, Nintendo DS e algunha consola de Sony por determinar (¿PlayStation 2 ou PSP?), que chegaría ás tendas na primavera.
Estes rumores se reforzan tras a publicación na Internet dun trailer da versión para Wii de Indiana Jones and the Saff of King, titulo que tomaría este xogo que parece e mesturar elementos de exploración con acción, para devolver a gloria ao popular explorador que non contou con ningún videoxogo decente dende a aparición en 1992 do Indiana Jones and the Fate of Atlantis.

Trailer de Indiana Jones and the Saff of King para Wii

