Despois dunha longa espera a demo de Resident Evil 5 chega ao Bazar de Xbox LIVE, de xeito que os usuarios de Xbox 360 con contas Gold poden descargar a versión de proba do xogo na que se inclúen dúas misións que permiten probar en primeira persoa este espectacular videoxogo que chegará ás tendas o 13 de marzo.
Cómpre destacar que os usuarios da PlayStation 3 si contará cunha demo do xogo, pero non será ata a semana que vén, o que será unha antelación máis que suficiente para poder gozar das experiencia de xogo desta entrega de Resident Evil que perde bastantes elementos de survival horror para darlle prioridade aos elementos cooperativos dun xogo de acción, o que para moitos será un importante salto dende a anterior entrega da saga.
Tendo en conta estes elementos diferenciadores do xogo, a demo non esquece o modo cooperativo (tanto a pantalla partida coma en liña), para que os xogadores vexan cómo Chris Redfield e Sheva Alomar dan a talla enfrontándose á ameaza bioterrorista que agora chega a África convertendo a humanos e animais en perigosos infectados (que nos últimos anos é o adxectivo que define aos zombis que corren).
Chega a Xbox LIVE a demo de Resident Evil 5
Compartir Este Artigo

