O principal mercado de venda de videoxogos é sen dúbida os EE.UU., pero historicamente o Xapón sempre ocupaba o segundo posto, o que podería pasar á historia ante o bo momento que vive o sector no Reino Unido, onde as tendas terían rexistrado en xaneiro un incremento interanual de vendas do 37% en unidades vendidas (21% de incremento se falamos de facturación).
Que Reino Unido superase en vendas ao Xapón (país con máis do dobre de habitantes) sería algo inédito, e reflectiría o mal momento que está a vivir o mercado nipón que, pese ao que comentan dende a Industria, podería estar saturado (poucos serían os habitantes que non teñan unha DS ou unha PSP) aínda que haberá que agardar uns meses para ver se a nova Nintendo DSi é capaz de mellorar as vendas, para que o Xapón non perda o seu posto fronte ao mercado británico.
Reino Unido supera ao Xapón en vendas de videoxogos
Compartir Este Artigo

