Hoxe estréase no Bazar de Xbox LIVE a demo do xogo The Chronicles of Riddick: Assault of Dark Athena, aínda que só para usuarios Gold, agardándose que nos vindeiros días chegue tamén á PlayStation Network.
Este novo xogo permite ao usuario converterse en Riddick, o criminal máis implacable do universo, capturado pola nave mercenaria Dark Athena, da que tenta fuxir rematando coa tripulación e a capitana Revas, respectando a ambientación das películas nas que se inspira e resultando rechamante por estar composto por dúas partes: unha primeira que será un remake do xogo que saíra para a primeira Xbox (actualizándose para a alta definición) e unha segunda parte totalmente nova.
O xogo chegará a PlayStation 3, Xbox 360 e PC o vindeiro 24 de abril.
O novo xogo de Riddick estrea demo
Compartir Este Artigo

