Imaxe do que será o xogo Guitar Hero World TourA finais de 2007 chegara para PC e Mac o Guitar Hero III, e un ano despois faría o propio o Guitar Hero: Aerosmith, polo que non debería sorprender que anuncien que o vindeiro verán saia a versión de ordenador do Guitar Hero World Tour, pero é unha nova importante porque será a primeira vez que chegue a PC e Mac un xogo que inclúa un conxunto completo de instrumentos (guitarra, batería e micrófono). O xogo incluirá 86 temas musicais (de intérpretes coma Michael Jackson, Metallica, Van Halen ou The Eagles), permitirá xogar en liña e contará con estudo de gravación virtual para poder compoñer as nosas propias cancións.