A película X-Men Orígenes: Lobezno non se conforma con contar cun videoxogo de seu que sairá á venda á vez que o filme, senón que tamén aproveitan as posibilidades da Internet para lanzar un xogo web feito en Flash chamado X-Men Origins: Guerrero del Tiempo, no que podemos tomar o papel de Lobezno durante a Guerra de Secesión, a Primeira Guerra Mundial e a Guera de Vietnam, superando distintas misións que permite abrir o acceso a trailers inéditos da película que se verá a partir do día 30 nos cines españois.
O xogo web presenta unha perspectiva isométrica, ten un funcionamento doado, e preséntase como unha interesante iniciativa promocional na que o usuario pasa bos momentos á vez que recibe información adicional sobre unha estrea cinematográfica .
Un xogo web serve para anunciar a nova película de Lobezno
Compartir Este Artigo

