O xogo de loita Marvel vs Capcom 2: New Age of Heroes é todo un clásico de éxito en máquinas recreativas e nas súas distintas conversións a videoconsola, e agora confirman que no verán poderá descargarse nas tendas virtuais da Xbox 360 e PlayStation 3 un remake deste título que pretendería así seguir os pasos do Street Fighter II.
Para aliviar a espera, este xoves chegará á PlayStation Network unha versión de demostración o xogo, que permitirá xogar a dous xogadores en local, elixir entre 6 personaxes (Ryu, Chun-Li, Strider, Spider-Man, Iron Man e Wolverine), 7 escenarios seleccionables, gráficos a 1.080p, podendo funcionar tanto a 4:3 como a 16:9 e con 2 filtros gráficos diferentes para presentar en pantalla os gráficos dos personaxes (o que tamén fan outros remakes de xogos clásicos).

No tocante os modos gráficos, o xogo pode verse coa súa aparencia clásica, cun modo suavizado e outro enfocado, de xeito que se adaptaría aos gustos do xogador e os distintos tipos de pantalla nos que pode verse o xogo (pois as diferenzas entre un televisor CRT e unha pantalla TFT son notables neste tipo de títulos, pois pola contra de cómo fixeran con Super Street Fighter II Turbo HD Remix, este remake non ten gráficos renovados, senón que simplemente pasan por certos filtros gráficos).
Trailer de Marvel vs Capcom 2
Marvel vs Capcom 2 chegará ás consolas de alta definición no verán
Compartir Este Artigo

