
A xente do Asobo Studio de Codemasters fixo unha intensa labor para desenvolver este inmenso lenzo no que debuxar a acción de FUEL, aínda que sorprende bastante que o record recoñecido por parte do Guinness sexa o de «maior área xogable nun xogo de consola», posto que falamos dun escenario medible en quilómetros, cando outros títulos manexarían magnitudes de anos luz, polo que entendemos que esta marca precisa de moitas precisións, e descoñecemos que chegará a figurar na edición impresa do Libro dos Records xa que a edición de 2009 leva uns meses á venda, e algunha outra compañía podería superar a FUEL nos vindeiros meses.
FUEL faise cun Record Guinness polo tamaño dos seus escenarios
Compartir Este Artigo

