Aínda que o Grand Theft Auto: Chinatown Wars para Nintendo DS presenta uns gráficos moi sinxelos, este tipo de xogo pode chegar a dispositivos móbiles trasladando a mecánica de xogo do seu irmán maior para PC e consolas de videoxogos domésticas, coma demostra GangStar, un xogo tridimensional de mundo aberto que está claramente inspirado nos GTA e que Gameloft está a preparar para o iPhone.
Este xogo xa conta con versión para móbiles que lembra moito ao mencionado xogo de Nintendo DS, pero co salto ao móbil de Apple deixan claro que as versións portátiles dos xogos tipo sandbox pode trasladar a experiencia de xogo doutras plataformas, cunha perspectiva en terceira persoa achegada e con gráficos 3D cunha calidade aceptable, o que aínda poderá chegar máis aló cos novos móbiles que están a chegar ao mercado, cada vez con máis potencia.
Vídeo de demostración do que será GangStar para o iPhone
Gameloft prepara para o iPhone un clon en 3D do GTA
Compartir Este Artigo

