A xente de Ubisoft ameaza con volver a pór de moda a aventuras de ¿Dónde está Wally? Anunciando que en setembro lanzará nos EE.UU. para PC, Mac, Wii e Nintendo DS o xogo Where’s Waldo? The Fantastic Journey, título desenvolvido por Ludia e que contará con 12 mundos máxicos e modo multixogador (ata 4 usuarios). Precisamente este novo modo de xogo incorporará distintos efectos especiais para poder tomar vantaxe dos opoñentes coma botar pintura de cores na pantalla dos contrincantes que lles escurecen a visión, facer que as súas pantallas treman por mor de ataques de lóstregos, conxela a fiestra de busca encerrándoa en xeo e moitos outros.
Supomos que este título tamén será distribuído en Europa, pois Wally é un personaxe bastante coñecido, aínda que deste novo xogo son poucos os detalles que temos.
Wally terá un novo videoxogo en setembro
Compartir Este Artigo

