Durante os pasados días tivo lugar en San Diego unha nova edición da Comic-Con, evento inicialmente centrado no mundo dos comics, pero que actualmente tamén é aproveitado polo mundo do cine, a televisión e os videoxogos, aínda que este ano foi testemuña dunha campaña de Electronic Arts para promocionar o seu xogo Dante’s Inferno que non sentou moi ben, pois baixo o lema Sin to Win (peca para gañar) ofrecían unha noite cunha das azafatas da feira, o que levou a confusión e incluso moita indignación (especialmente por parte das booth babes, que consideraron que se lles estaba a tomar por prostitutas).
Despois de todo o rebumbio, EA desculpouse oficialmente, explicando que só pretendían continuar a súa campaña na que fan un repaso dos pecados capitais para promocionar o seu novo xogo.
Polémica por unha campaña promocional de Dante’s Inferno na Comic-Con
Compartir Este Artigo

