Xa pasaron bastantes anos dende que as películas de The Matrix pasasen polas grandes pantallas, pero continuaban vivas a través do xogo The Matrix Online, que pretendía ser un universo no que continuase a guerra entre homes e máquinas das películas dos Wachowski, pero que non logrou consolidarse coma unha plataforma de xogo multiusuario en rede, e finalmente tiveron que pórlle fin, o que non fixeron cun simple desenchufado do servizo, senón que desencadearon no universo virtual unha serie de fenómenos para deixar constancia da súa propia apocalipse, con lóstregos, explosións e cores estrañas no ceo, para rematar finalmente coa existencia de Matrix.
The Matrix Online, pese a ser un xogo ambicioso, tivo un funcionamento bastante accidentado, que non axudou a manter a fidelidade dos seus usuarios, caendo un competidor máis do World of Warcraft, xogo que acadou unha forza incomparable no xogo en rede, que factura anualmente 1.000 millóns de dólares, de aí que sexa tentador intentar competir con el.
Pechan The Matrix Online
Compartir Este Artigo

