Sony asinou un acordo con Double Fusion para explotar comercialmente a publicidade dentro do xogo WipEout HD para PlayStation 3, o que resulta un tanto molesto dado que estamos a falar dun xogo vendido inicialmente sen publicidade, e polo que o usuario paga integramente o seu prezo, pero nos últimos dúas a cousa foi a maiores, pois os anuncios incluídos, que deberían inserirse durante os tempos de carga sen modificar os mesmos, facían que o xogador tivera que agardar tempo de máis, ou sexa, que estaría a roubar tempo do usuario (como podemos comprobar nun vídeo subido a YouTube), o que provocou moitas críticas.
Finalmente dende Sony recuperaron o sentidiño e decidiron purgar os anuncios que afectaban aos tempos de carga e aseguraron que están a investigar o acontecido para que non se repita que a publicidade integrada no xogo afecte á xogabilidade. Agardemos que este tipo de xogadas non se teñan que repetir no futuro, pois que a publicidade invada os xogos sen contraprestación para o usuario non resultaría xusto.
Sony retira uns anuncios de WipEout HD tras as protestas dos usuarios
Compartir Este Artigo

