A versión de demostración do xogo Batman: Arkham Asylum está dispoñible para a súa descarga dende onte para PlayStation 3 (ocupa 1,75 Gb), e hoxe incorporouse ao Bazar de Xbox LIVE para que os usuarios Gold poidan descargar os seus 1,58 Gb na Xbox 360, mentres que para PC está tamén dispoñible dende a súa páxina web oficial, destacando por soportar lentes 3D de nVIDIA e ocupando 2,04 Gb.
O tamaño da descarga desta demo para as distintas plataformas é un sinal do completa que é, presentando toda a introdución do xogo, e permitindo botar unha ollada á súa mecánica de xogo: o sistema de combate, a vista de detective para explorar o noso contorno e o modo de asasino silencioso (no que hai que ocultase para atacar aos inimigos de un en un).
Os personaxes que podemos ver nesta descargar son Batman, o Comisario Gordon, o Joker, Harley Quinn e Zsasz, o que serve para abrir boca do que promete ser un impresionante xogo que sairá a finais de mes para Xbox 360 e PS3, retrasándose a versión para PC ata o vindeiro 18 de setembro, aínda que esta demora compensarase coa incorporación da tecnoloxía PhysX de nVIDIA.
Dado o alto nivel deste adianto, parece case seguro que Batman: Arkham Asylum vai ser un dos grandes títulos do ano, o que debería traducirse nunhas importantes vendas.
Sae a demo de Batman: Arkham Asylum
Compartir Este Artigo

