A incorporación ao Bazar de Xbox LIVE de xogos completos en descarga permite adquirir títulos sen dependencia do seu soporte físico, o que pode ser unha vantaxe para moitos usuarios (sempre que gocen dun disco duro o suficientemente grande para non ter que borrar e ter que volver a descargar os xogos adquiridos con certa frecuencia), aínda que a posibilidade de que este sistema puidese abrir a porta á importación de videoxogos de distintos mercados vén de confirmarse que non é posible, e as descargas contarían con bloqueo rexional, impedindo que dende Europa poidamos descargar xogos de EE.UU. ou Xapón e viceversa.
Aínda que non pareza moi lóxico que as descargas dixitais teñan este tipo de limitacións, son unha tradución das distintas políticas comerciais que hai internacionalmente, e mesmo as descargas dixitais teñen prezos moi dispares, precisamente para ser proporcionais aos prezos aplicados nas tendas físicas.
Os xogos descargables para Xbox 360 teñen bloqueo rexional
Compartir Este Artigo

