
Por unha banda, Lost Planet (shooter que vendeu máis de 2 millóns de copias) convértese nunha franquía coa súa secuela, Lost Planet 2, que presenta uns gráficos incribles, e na súa demo descargable de balde permite ata a 4 xogadores formar un equipo no modo campaña para superar situacións imposibles en solitario.
E, nun rexistro bastante máis modesto, temos a demostración de Mini Ninjas, unha aventura tridimensional cunha aparencia bastante infantil na que hai que superar distintos retos á vez que derrotamos a un exército máxico de samurais malvados (que unha vez derrotados recuperan a súa forma real: inocentes animais que quedarán libres do seu feitizo). O usuario pode intercambiar entre varios personaxes con distintas habilidades (cun total de 5 mini ninjas, dos que podemos ver a 3 na demo). Podemos catar así este xogo que pese á súa estética sinxela pode ofertar horas de diversión na liña de títulos como a adaptación da película de Kung Fu Panda.
Mini Ninjas e Lost Planet 2 estrean demos
Compartir Este Artigo

