O vindeiro día 9 estréase mundialmente o xogo The Beatles: Rock Band, do que a revista Game Informer adiantara o que serían 44 dos seus temas musicais, agardándose que o tema 45º fose unha sorpresa, algo difícil de comprender, pero que finalmente foi desvelado nun foro no que publicaron unha imaxe na que podiamos ver que a canción que estaba sen confirmar non era outra que The End, e aínda que Harmonix non confirmou tal información, todo apunta a que podería ser bastante atinado (e ocultar o título pretendería agardar unha sorpresa para o final do xogo).
Anuncio televisivo do novo videoxogo dos Beatles
The End será o tema sorpresa do The Beatles: Rock Band
Compartir Este Artigo

