Antes do lanzamento de The Beatles: Rock Band apareceron varios rumores sobre a posibilidade do lanzamento do xogo SingStar: Beatles, que resultaron ser froito dunha mala interpretación, pois o que finalmente chegará ás tendas europeas a final de mes é un paquete que inclúe o novo xogo dos Beatles na súa versión de PlayStation 3 xunto con 2 micrófonos, co que pretenden captar aos afeccionados á saga de SingStar.
Esta estratexia comercial busca evitar os prexuízos de moitos usuarios aos videoxogos con guitarras de plástico, pois cómpre lembrar que os xogos de Rock Band e Guitar Hero xa non están limitados ás guitarras, senón que tamén funcionan con baterías e micrófonos, ampliando o seu público potencial.
Amais, dende EA tamén vén de anunciar a ampliación da franquía de Rock Band levándoa aos teléfonos móbiles, estreándose con 25 cancións de grupos coma Smashing Pumpkins, Lynyrd Skynyrd ou Beastie Boys no que será Rock Band Mobile.
O xogo dos Beatles venderase disfrazado de SingStar
Compartir Este Artigo

