A App Store norteamericana vén de recibir no seu catálogo o anunciado xogo Rock Band, que na súa versión para iPhone e iPod Touch consegue replicar con bastante acerto a fórmula de éxito do xogo para consolas de videoxogos domésticas, cun completo repertorio musical de versións orixinais (20 temas) que pode ampliarse mediante cancións descargables.
No xogo podemos tomar o control da guitarra, o baixo, a batería ou o micrófono (funcionando a voz coa un instrumento máis, e non coma un xogo de karaoke) e inclúe un modo multi-usuario de ata 4 xogadores (aos que podemos convidar a participar a través de Facebook).
Aínda que pareza que a única diferenza deste título sexa con respecto aos seus competidores (Tap Tap Revenge e Guitar Rock Tour) sexa o contar cos dereitos para facer uso de versións orixinais dos temas musicais, hai que recoñecer que este título desenvolvido por Harmonix e Electronic Arts mellora a xogabilidade, facendo un bo uso da pantalla táctil e do acelerómetro.
O Rock Band para iPhone e iPod Touch está á venda a 9,99 dólares, descoñecéndose a data na que incorporarase á tenda de aplicacións española.
A listaxe de cancións dispoñible dende esta nova entrega de Rock Band e a que segue: – Attack – 30 Seconds To Mars – Girls Not Grey – AFI – Move Along – All American Rejects – Sabotage – Beastie Boys – All The Small Things – Blink-182 – Hanging on the Telephone – Blondie – Learn To Fly – Foo Fighters – Everlong – Foo Fighters – Bad to The Bone – George Thorogood & the Destroyers – Hymn 43? – Jethro Tull – Bad Reputation – Joan Jett – Simple Man – Lynard Skynard – Ace of Spades ‘08? – Motorhead – Debaser – Pixies – Ladybug – Presidents of The United States of America – Give It All – Rise Against – Lazy Eye – Silversun Pick Ups – Cherub Rock – Smashing Pumpkins – Take The Money and Run – Steve Miller Band – We Got The Beat – The Go Go’s
Sae á venda nos EE.UU. o Rock Band para iPhone
Compartir Este Artigo

