A banda británica Queen está de máxima actualidade no mundo dos videoxogos, pois hoxe mesmo o Bazar de Xbox LIVE incorpora ao seu catálogo os temas Another One Bites the Dust, Crazy Little Thing Called Love, Fat Bottomed Girl, I Want It All, I Want to Break Free, Killer Queen, One Vision, Somebody to Love, Tie Your Mother Down e Under Pressure para o Rock Band 2, que poden adquirirse soltos a 160 puntos (1,92 euros) ou xuntas a 1.280 puntos (15,36 euros). Pero a cousa non queda aí, e esta mesma semana confirman que o xogo LEGO Rock Band non contará só con Sting e Iggy Pop entre as súas estrelas, senón que os 4 compoñentes de Queen tamén estarán presentes no futuro xogo musical que promete arrasar no Nadal.
Vídeo promocional coa aparición de Queen no LEGO Rock Band
Queen sairá no LEGO Rock Band e estrea temas descargables
Compartir Este Artigo

