Taylor Swift é un dos reclamos (especialmente entre o público feminino) de Band HeroOs xogos musicais están a ser algo máis que unha moda, e tamén poden ser a porta de entrada de certo público as consolas de videoxogos domésticas, coma parece estar a entender a xente de Activision, e así, Dan Rosensweig, responsable dos xogos de Guitar Hero recoñeceu nunha entrevista que o 30% dos usuarios da súa franquía musical son mozas, de aí que estean a enfocar a súa estratexia actual a achegar «máis música actual, máis música familiar, máis música para as mozas», captando así un maior número de xogadoras, o que na vindeira tempada de Nadal vai quedar en evidencia co lanzamento de Band Hero, xogo máis popeiro que os seus predecesores, e que en tendas coma Amazon aparece listado coma Band Hero featuring Taylor Swift, no que parece un claro intento por facer máis visible o xogo entre o seu público potencial. Band Hero tamén busca a un público familiar, de xeito que a súa selección de cancións válelle a cualificación de para maiores de 10 anos mentres que o Guitar Hero 5 non estaba recomendado para menores de 13 anos, o que tamén pasa cos títulos da saga Rock Band, o que non parecía gustar a todos os pais (que querían evitar que os seus fillos aprendesen cancións con temáticas pouco axeitadas, como as drogas ou o sexo.