Hoxe chega ás tendas EyePet, un novo título de Sony para a PlayStation 3 que achega a realidade aumentada ao fogares, e que está á venda por 49,99 euros, nun pack que inclúe o xogo, unha tarxeta máxica e unha cámara PlayStation Eye.
Deste xeito, a cámara captará a imaxe do contorno enfronte do televisor, para integrar no mesmo unha mascota virtual que poderá interactuar cos usuarios a través de xogos ou simplemente permitindo que a acariñen ou que lle rañen o bandullo.
A tarxeta máxica permitirá crear xoguetes como camas elásticas, máquinas de burbullas ou obxectos que podemos debuxar (un avión, un coche, un robot…) que engadirán diversión a esta representación virtual do salón da nosa casa.
EyePet tamén recoñecerá a voz e a forma da cara dos usuarios, e pode converterse nun xoguete para toda a familia.

Sae ao mercado EyePet, o xogo de realidade aumentada de Sony
Compartir Este Artigo

