O xogo Trials HD é un dos grandes éxitos a través de Xbox LIVE Arcade, pero RedLynx, o estudo que desenvolveu o xogo, vén de sorprender ao asegurar o seu máximo responsable, Tero Virtala, que «a piratería está aí, así que ¿cómo sacamos beneficio diso? O que nós fixemos, en realidade, foi filtrar nós mesmos o xogo o primeiro día en todas as redes de torrents», aínda que non a versión completa, senón unha que non permitía compartir as táboas de puntuacións a través da Internet (un dos grandes atractivos do xogo).
Esta táctica parece que tería acadado un bo resultado, xa que o xogo superou as 150.000 copias vendidas e o seu sistema de táboas de cualificacións aínda non foi crackeado.
Os creadores de Trials HD filtraron o xogo ás redes P2P
Compartir Este Artigo

