A App Store vén de recibir o xogo Star Wars: Trench Run, qué é un arcade espacial no que recréase o ataque da Alianza Rebelde á Estrela da Morte que tivo lugar no Episodio IV da saga cinematográfica de George Lucas, desprazándose a toda velocidade a bordo dun X-Wing enfrontándose a canóns e Tie Fighters durante o tempo suficiente para poder rematar a misión lanzado un torpedo de protóns que frustre os plans do Imperio ao facer esbourar a Estrela da Morte cunha reacción en cadea.
Este xogo para iPhone e iPod Touch manéxase principalmente co acelerómetro, de xeito que movendo o terminal podemos controla a dirección de desprazamento da nosa nave, mentres que a pantalla serve para disparar e utilizar a Forza (nun efecto de cámara lenta).
O xogo ten varios puntos de vista (vista externa ou dende a cabina), dous modos de xogo distintos (misión e arcade) e varios niveis de dificultade, podéndose adquirir por 3,99 euros, o que pagarán encantados os afeccionados a este universo de ficción que conta con tantos seguidores repartidos por todo o mundo.
Novo xogo de Star Wars para o iPhone
Compartir Este Artigo

