Comparación dos gráficos do remake e da versión orixinal de Livingstone… Supongo para Amstrad CPCNon son poucos os remakes de clásicos dos videoxogos que están anunciados para os vindeiros meses, aínda que os máis importantes corresponden a xogos de máquinas recreativas que adáptanse ás consolas de videoxogos actuais coma títulos descargables de pago, pero varios grupos de entusiastas altruístas tamén fan o propio con vellos xogos de ordenador, e actualízanos para facer máis digna a súa recuperación, coma é o caso do Livingstone… Supongo de Opera Soft lanzado en 1986 e que dende Retroworks imitan as escenas orixinais aumentando o nivel de detalle gráfico con 256 cores e animacións a 24 fotogramas por segundo. O remake de La Abadía del Crimen contará con moitas novidadesOs desenvolvedores aseguran que o código do remake está bastante avanzado, pero non pasa o mesmo cos gráficos, polo que haberá que ter un chisco de paciencia para recuperar este clásico que poderá gozarse en equipos baixo Windows e Linux. O mesmo grupo de desenvolvemento tamén anunciou o seu proxecto de renovación de La abadía del crimen, xogo desenvolvido inicialmente polo finado Paco Menéndez, e que xa contaba con remake, pero que desta volta contará con novos mapas, novos gráficos, son e xogabilidade mellorados, novas situacións… unha nova experiencia que agradecerán os que gozasen no seu día deste clásico considerado coma un dos mellores xogos españois de finais da década dos 80.