Os organismos de cualificación por idades dos videoxogos serven moitas veces para adiantarse aos propios desenvolvedores no anuncio de novos lanzamentos, e agora temos coma tanto en Australia coma en Corea do Sur aprobaron a cualificación de After Burner Climax, xogo que podería supor o relanzamento da saga de After Burner iniciada por SEGA en 1987 nunha máquina recreativa que destacaba por simular a cabina dun caza na súa versión máis sofisticada (aínda que o xogo tamén funcionaba en recreativas básicas).
No Xapón xa sacaron hai uns 3 anos unha recreativa co nome de After Burner Climax, polo que é de agardar que esteamos ante un xogo descargable para Xbox 360 e PlayStation 3, que seguiría así a estela de distintos clásicos de recreativa que están a rexurdir dese xeito, como aconteceu con Street Fighter II e OutRun.

After Burner podería rexurdir coma xogo descargable
Compartir Este Artigo

