Os usuarios do iPhone e do iPod Touch de seguro que quedaron sorprendidos ao ver a incorporación ao catálogo de xogos da App Store de Apple de Robbie Williams Racing, un título de carreiras que está á venda por 2,39 euros e que conta co cantante Robbie Williams coma reclamo.
Resulta sumamente rechamante ver cómo un cantante protagoniza un xogo de carreiras, e para que este absurdo produto teña algo de siso, permite gozar de varios temas do último disco de Williams, Reality Killed The Video Star.
No xogo podemos conducir unha moto coa que correr polos desertos de Mojave e un buggy polo que moverse polo xardín do cantante, podéndonos facer unha idea de cómo é no seguinte vídeo:
Robbie Williams estrea xogo para o iPhone
Compartir Este Artigo

