O Nokia N900, coma moitos outros terminais de telefonía de alta gama (iPhone incluído) conta entre as súas aplicacións unha chea de emuladores que permite gozar de vellos xogos para máquinas recreativas e videoconsolas, pero dende Nokia tiveron a ousadía de amosar tal posibilidade nun vídeo de 30 segundo no que podían verse os xogos Super Mario World e Super Mario Bros 3 na pantalla do N900 o que levou a Nintendo a iniciar unha investigación sobre posibles medidas legais contra Nokia, que podería estar a infrinxir o copyright da compañía nipona, que veríase lesionada polos emuladores especialmente agora que eles mesmos están a recuperar vellos títulos a través da Consola Virtual a Wii.
A emulación de MSX, NES, SNES, GBA, Game Boy, ZX Spectrum e outras plataformas é posible co Nokia N900, e aínda que o polémico vídeo publicado por Nokia foi eliminado de YouTube, existen copias que permite comprobar esta característica do terminal baseado en Maemo 5:
Nintendo podería actuar contra os emuladores do Nokia N900
Compartir Este Artigo

