Os seguidores das aventuras televisivas da familia Simpson poden levar a súa afección no peto grazas a un novo xogo para iPhone e iPod Touch, que ten por nome The Simpsons Arcade, e sería un beat’em up protagonizado por Homer Simpson, que deberá repartir estopa por 6 mundos nun total de 25 niveis que recrean situacións da serie de televisión e que estearía inspirado nunha máquina recreativa de 1991, sen ser unha conversión real.
O control deste título realízase a través dun mando virtual e de botóns de golpe e salto. O seu manexo resulta bastante doado e intuitivo, e aparte da mecánica principal, tamén inclúe varios mini-xogos para amenizar as partidas. Pode mercarse dende esta semana por 3,99 euros.
Demostración do funcionamento deste divertido xogo
Os Simpson chegan ao iPhone
Compartir Este Artigo

