Microsoft anunciou hoxe que o xogo musica para Xbox 360 Lips: Party Classics chegará ás tendas españolas o vindeiro 26 de febreiro con 40 temas de artistas como as Spice Girls, KISS, os Village People, Gloria Gaynor, B-52 ou Chumbawamba, buscando completar así unha oferta musical moi axeitada para as festas, o que completarase coa integración de avatares, novos desafíos de xogo e incluso compatibilidade con micrófonos USB coma os que incluían os xogos Guitar Hero ou Rock Band. O prezo de venda do xogo sen micrófonos será de 39,99 euros.
Nestas datas tamén estase a ampliar a oferta de temas descargables para Lips, de xeito que este mesmo venres incorpóranse ao Bazar de Xbox LIVE os temas Ring My Bell (Anita Ward), Soul Meets Body (Death Cab For Cutie) e Mustang Sally (Wilson Picket), o día 22 farán acto de presenza Little Lies (Fleetwood Mac), Tripping (Robbie Williams) e Ordinary Day (Vanessa Carlton) e, para rematar o mes, o día 29 poderán descargarse Carnival (The Cardigans), My Favorite Game (The Cardigans), Gypsy Woman(Crystal Waters) e un paquete de cancións de The Cardigans que inclúe a Erase/Rewind e My Favourite Game.
Microsoft rematará febreiro cun novo Lips
Compartir Este Artigo

