David Negrete Rojas, licenciado en Administración de Empresas pola Universidade La Salle, vén de incorporarse á filial ibérica de Microsoft como director da unidade de negocio de Produtividade e Colaboración, división orientada a incrementar a produtividade tanto dos usuarios como das organizacións.
Negrete achega unha ampla experiencia no desenvolvemento e execución de estratexias de mercadotecnia dentro do mundo das Tecnoloxías da Información, ademais dun profundo coñecemento das ferramentas de Microsoft englobadas baixo a división que a partir de agora lidera.
Entre as responsabilidades de David Negrete figura o impulso e a xeración de negocio dentro da unidade de Produtividade e Colaboración, ofrecendo dende ferramentas de produtividade persoal, como Microsoft Office, ata ámbitos de colaboracións, correo electrónico, portal ou as últimas tecnoloxías de comunicacións unificadas.
David Negrete conta cunha grande experiencia no sector das TI, atesourada durante os seus máis de 11 anos de carreira, sete deles dentro das filiais de Microsoft de Latinoamérica e México. Durante estes oito anos, o recén nomeado director da unidade de Produtividade e Colaboración, liderou o desenvolvemento e a execución das estratexias de mercadotecnia desta división en ambas as dúas filiais. Na subsidiaria mexicana participou moi activamente na estratexia de lanzamento de Microsoft Office 2003. Posteriormente, asumiu o cargo de director do Grupo Central de Mercadotecnia de multi Country Americas (subsidiaria de Microsoft Latinoamérica que agrupa a 39 países de América do Sur, Centroamérica e o Caribe que conta con máis de 330 empregados), cargo que cede para asumir a dirección da área de Produtividade e Colaboración en Microsoft Ibérica.
Antes de unirse ás filas de Microsoft, Negrete traballou para firmas como ASPEL de Mexico, Banamex filial de Citigroup en México, Polímeros Mexicanos e Louis Harris.
Microsoft Ibérica nombra novo director da unidade de negocio de Produtividade e Colaboración
Compartir Este Artigo

