
Por certo que este premio, indica o equipo responsable de Ellasdenuncian, vailles servir de axuda para recibir a formación axeitada para cubrir as súas necesidades de medre, innovación e desenvolvemento, amais de favorecer un contacto máis directo coas ONGs e coas empresas potencialmente interesadas en colaborar coa iniciativa.
“Ao longo destes doce meses”, indica o equipo da web, “a páxina recibiu moitas visitas e foi testemuña do medre de moitas das súas seccións, algunhas delas por propia petición das usuarias”. É o caso do apartado con formato de foro Axuda coa túa experiencia, onde as internautas envorcan os seus esforzos en axudar e apoiar a outras que se atopan nunha situación complicada de maltrato, sinala Juan Antonio Merodio, fundador da plataforma. Outra das seccións que obtivo e obtén especial seguimento é Consultas xurídicas, onde unha avogada asesora de balde a toda persoa que o solicite sobre os pasos a dar en caso de querer denunciar un caso de maltrato, entre outros aspectos legais.
Ellasdenuncian.com cumpre un ano de vida con máis de 1.000 usuarias
Compartir Este Artigo
